venres, 28 de outubro de 2016

O SAMAÍN. CURSO 2016-2017

 O SAMAÍN xa chegou ao noso centro.

Exposición de lecturas terroríficas.
Decoración
Concurso de cabazas

O concurso de cabazas

A cabaza gañadora

mércores, 26 de outubro de 2016

BENVIDA AO CURSO 2016-17


O EDLG deséxavos un bo curso 2016/17. 

Os integrantes do Equipo son:

Profesorado:

Alberto 
Dulce
Xarulo
Inma 

Alumnado:

Andrea Díaz (4º)
Alba (4º)
Ainhoa (3º)
Candela (2º)
Hugo (2º)

Entrevista a Xesús Alonso Montero



O alumnado de Xove entrevista ao presidente da RAG, Xesús Alonso Montero. A entrevista realizouse ao finalizar o curso 2015/16 grazas á xentileza do presidente da RAG e  á colaboración do noso compañeiro Roi.

xoves, 16 de xuño de 2016

O CURSO XA ESTA POR ACABAR!!!
En nada comezan as vacacións, que gañas verdade??
hoxe queriavos deixar por aqui os resultados do concurso de fotografía "O Pais da Auga":
primeiro premio: Lara Míguez (3º E.S.O.)
segundo premio: Andrea Laza (3º E.S.O.)
teceiros premios: Ángel Otero (1º E.S.O.)  e Wendy Vilchéz (4º E.S.O.)
Noraboa a os gañadorxs!!!

xoves, 7 de abril de 2016

EXPOSICIÓN-CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DO IES ILLA DE SARÓN: “O PAÍS DA AUGA”


EXPOSICIÓN-CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

O PAÍS DA AUGA”

 


Bases:

  • Pode participar neste concurso todo o alumnado da ESO do  IES Illa de Sarón.

  • Cada persoa participante deberá presentar unha única fotografía que terá como temática a auga

    O arquivo da fotografía debe incluír o nome, apelidos e curso do participante. Exemplo:
    nome-apelidos-1eso.jpg


Prazo e procedemento de entrega dos traballos:

  • O prazo de entrega dos traballos son os seguintes; para 1º, 3º e 4º da ESO o día 29 de abril; para o alumnado de 2º da ESO o 6 de maio.
  • O procedemento para entregar os traballos será subilos á unha nube. O arquivo da fotografía entregada levará o nome e apelidos do autor/a.
Actividades relacionadas co concurso:

  • Os traballos fotográficos entregados serán impresos e con eles realizarase unha exposición no centro. Se é posible, posteriormente, levaremos esta exposición ó salón de actos de Xove para que toda a vila poida desfrutar das fotografías.
  • Organizarase unha votación na que participe todo alumnado. Os autores/autoras das fotografías que acaden maior puntuación serán agasallados cun diploma honorífico e a impresión da súa fotografía en tamaño grande.